Tumgik
#not rules
zsorosebudphoto · 1 year
Text
Consellos para facer fotos chulas
Excepcionalmente, vou compartir uns poucos truquiños para que calquera poida mellorar as súas fotos no momento de tiralas. Non son unha experta nin moito menos, pero hai cousas que fun aprendendo dende que abrin esta bitácora/portfolio e que á xente lle pode ser útil. Son guías, non normas, así que por suposto que haberá persoas ás que non lles guste ou non lles funcione. 
Velaí van!
Tumblr media
Controla os parámetros ISO, velocidade de obturación e abertura de diafragma
Fedellando no modo manual podes subir e baixar a luminosidade das túas fotos a través destes parámetros, pero olliño con eles! 
Subir a ISO demasiado pode facer que a foto quede granulada. Por suposto, é posible que sexa iso o que busques.
Baixar a velocidade de obturación fai que as fotos queden máis movidas. Isto tamén pode ser bo, dependendo da fotografía!
Unha foto pouco iluminada sempre se pode mellorar, pero unha foto sobreexposta, non. Ante a dúbida, eu sempre lle vaixo un puntiño de exposición.
Tumblr media
Polo tanto, ás veces é mellor alumar artificialmente un espazo escuro (falo de focos, non de flash) que subir os parámetros até puntos nos que poda deformarse moito o resultado.
Controla a temperatura de cor
Hai dúas maneiras de cambialo: axustando a temperatura en graos K (Kelvin) ou cos filtros que adoitan ter as cámaras de predeterminado segundo a fonte de iluminación (para sol, sombra, luces fosforescentes, incandescentes, etc.). 
Eu sempre recomendo usar o espectro numérico até que atopes un punto que che gusta; nese sentido, podes optar polo naturalismo e buscar a cor que máis se axusta ao que vés cos teus ollos, ou ser un pouco pillabán e subir ou baixar un chisco a temperatura para infundir á túa foto dun determinado estado de ánimo ou estética. 
Tumblr media
Aproveita o desenfoque
A lonxitude focal é o que determina o lonxe ou preto que ves o suxeito da túa foto (usamos teleobxectivos como se fosen telescopios, para ver máis lonxe) pero tamén para determinar a profundidade de campo ou a nitidez que teñen cada un dos planos da foto (dende o máis preto até o máis lonxe); entre outras cousas que non me da a vida de explicar. O caso é que poden chegar incluso a deformar unha foto.
Os móbiles adoitan ter obxectivos moi angulares (<50mm), polo tanto fanche ver:
As cousas parecen máis lonxe, máis pequenas
Caben máis cousas na foto, porque ten un espectro máis amplo de visión
Deforman un chisco os bordes no que se adoita chamar “ollo de peixe” (isto no móbil non chega a notarse moito, pero algo de deformación hai)
Todo é nítido, dende o que está máis preto até o que está máis lonxe.
E isto limita un chisco a creatividade. Cun teleobxectivo, porén, (>50mm) podes ver:
As cousas parecen máis preto
Caben menos cousas na foto, ten un espectro menos amplo de visión
Non todo é nítido, só o plano que está enfocado (manualmente ou polo enfoque automático, tanto ten). O que está máis lonxe ou máis preto dese plano, está desenfocado. 
E isto último é PRECIOSO. Da unha sensación cinematográfica, outórgalle profundidade e subxectividade á foto. Alguén está a mirar e a deterse nese plano enfocado, como facemos nas nosas mentes. Dálle humanidade. 
Insisto que estes consellos non son normas, tamén se poden facer cousas chulas con angulares. Pero se queres intimidade, humanidade, etc. usa lonxitudes focais maiores ;)
Tumblr media
Ante a dúbida, achégate (ou afástate)
As fotos ás veces quedan mal porque non ousamos achegarnos abondo ao suxeito. Non queremos molestar á persoa que lle facemos un retrato ou nos da pereza abaixarnos a facerlle a foto a aquela flor. 
Ousade achegarvos, sempre atoparedes mais posibilidades canto máis preto esteades.
Claro que, cando usas un teleobxectivo para dar ese efecto cinematográfico do que falabamos antes, ás veces debes afastarte moito para que o teu suxeito non salga dos marxes da foto. A cuestión aquí é que, antes de cambiar a distancia focal cun zoom (iso é trampa), que valores se merece a pena achegarte ou afastarte para conseguir a foto. 
(para a foto de abaixo, metinme no mar co móbil na man!! que perigo!!) 
Tumblr media
Mira polo visor, non pola pantalla (con cámaras DSLR, sobre todo)
Non sei nas vosas, pero na miña Canon D70 teño que mirar pola pantalla para acadar os parámetros (ISO, K, obturación, diafragma, etc) perfectos para a foto. Pero despois, sempre miro polo visor para sacar a foto. O visor non ten os parámetros novos implementados, é o que ves na realidade pero encadrado na túa fotografía. 
Non sei porque motivo, iso faime ser consciente da composición da foto. 
Compón
A composición ten tantas normas como excepcións. Podería falarvos da regra dos terzos, das diagonais, do consello que lle deu supostamente John Ford a Spielberg (”cando o horizonte está abaixo ou arriba, é interesante. Cando está no medio é aburrido”) pero sería un tratado infumable e incluso podería limitar bastante ás vosas imaxinacións.
Penso que hai que entrenar o ollo a medida que vas facendo fotos. Observalas, trazar liñas sobre elas. Pouco a pouco, atopas que cando é máis interesante centrar o teu suxeito ou deixalo cara un lado, subir ou baixar a liña do horizonte, balancear o seu equilibro (refírome a que unha foto “pesa” polo lado no que hai máis ruído visual). 
Tumblr media
O meu consello aquí e deixar sempre un chisco do que se lle chama “aire”, é dicir, baleiro arredor do suxeito. Non pegar a cabeza dx retratadx ao marxe superior da foto, para entendernos. 
Tumblr media
En fin. Grazas por aguantar a chapa aos que chegastes até aquí abaixo. Se vos gusta, compartide!
14 notes · View notes
cemeterything · 3 months
Text
Tumblr media
been thinking about fantasy/scifi rule systems and free will
159K notes · View notes
creepymutelilbugger · 1 month
Text
Tumblr media
op turned reblogs off but this post must live. it must live and spread malignantly .
73K notes · View notes
bigfan1811 · 6 months
Text
Tumblr media Tumblr media
132K notes · View notes
redavexat · 4 months
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media Tumblr media
A collection, for a well loved garf
A bonus picture for anyone who wants it
Tumblr media
79K notes · View notes
hilariouslarry · 11 months
Text
Tumblr media
169K notes · View notes
thankstothe · 14 days
Text
Tumblr media Tumblr media Tumblr media
big if true
48K notes · View notes
s-lycopersicum · 1 month
Text
Tumblr media Tumblr media
Untitled by Pas (paxiti), on May 23, 2018
Tumblr media Tumblr media
Untitled by Pas (paxiti), on June 1, 2018
Tumblr media Tumblr media
Untitled by Pas (paxiti), on August 30, 2022
Tumblr media Tumblr media
Untitled by Pas (paxiti), on August 31, 2022
Tumblr media Tumblr media
Untitled by Pas (paxiti), on September 6, 2022
Tumblr media Tumblr media
Untitled by Pas (paxiti), on June 17, 2023
Tumblr media Tumblr media
Untitled by Pas (paxiti), on June 21, 2023
Tumblr media Tumblr media
Untitled by Pas (paxiti), on June 22, 2023
45K notes · View notes
emo-56 · 11 months
Text
Tumblr media
garf :3 💜💙
157K notes · View notes
raptor-goblin · 6 months
Text
Me when I smush my face into the wall
Tumblr media
63K notes · View notes
lazylittledragon · 3 months
Text
can't believe we're all adults being forced into the club penguin level of censorship in 2024
43K notes · View notes
bootleg-nessie · 4 months
Text
When you accidentally remove the load-bearing pierogi and the entire contents of the freezer come spilling out
44K notes · View notes
creepymutelilbugger · 8 months
Text
Tumblr media
"i have to water the shitbird wait a minute"
"prosper stupid poultry"
96K notes · View notes
woamna · 7 months
Text
Tumblr media
Rule
88K notes · View notes
redavexat · 3 months
Text
52K notes · View notes
despazito · 9 months
Text
Tumblr media
Adult website and period tracker
161K notes · View notes