Tumgik
#duna duna duna dun da
Text
Imagine that the first scene in good omens 3 is Crowley absolutely buttfuck drunk in the middle of the night in the bookshop, clearly having been crying (his glasses are still on tho,) slurring the words to ‘Take Me to Church’ which is somehow playing from the record player despite there being no record in it. And then the bookshop bell rings and Crowley’s like “FUCK OFF” you know in that way that he yells, and then camera pans to a bookshelf and AZIRAPHALE comes out from behind it with a worried look on his face. “Oh dear,” Aziraphale says you know in that way he says that and then BOOM! DUNA DUNA DUNNNNNA DUN DUN DUN,,, DA DA! (The intro plays.)
22 notes · View notes
diamondcitydarlin · 2 years
Text
WHO SAW THE MULTIVERSE OF MADNESS TRAILER ??? XMEN NATION HOW WE FEELING???
10 notes · View notes
marjorieivy · 5 years
Text
Dun dun duh duh dun dun duh duh dun dun duh duh duN DUN DUH DA, DUNNA NA (BWOAM BWOAM BWOAM) DUNNA NAAA (BWOAM BWOAM BWOAM), DUH DUH DUNA NA NA DUH DUH
- me creeping around my art block and depression to draw to the mission impossible theme
2 notes · View notes
mcnuggyy · 7 years
Note
can you draw wendy testaburger marsh with her son..JOHN CENNAAAAA
DUN DUNA DUNNNN DA DUNNNA DUUUUUUUN
16 notes · View notes
praza-catalunya · 6 years
Text
Vieiros de deserto e de misticismo nas composicións de Alfredo Salom
A produción pictórica de Alfredo Salom é consistente, rigorosa. Semella que entre serie e serie mudan todos os seus xeitos de traballar. Pero non. Hai trazas comúns nas súas indagacións, hai ritmos manuais e coloristas que demostran a constancia na laboura creativa e a intensa formación intelectual deste artista. Nas paredes de Vinarte é doado contemplar agora novas series da rica creatividade do pintor que se deixa inspirar pola poesía, pola ciencia, polo misticismo. Acaso hai moita diferencia entre o que significan estes tres termos?
Lito Caramés
Tumblr media
Alfredo Salom. Os vieiros dun artista
O mistério das coisas, onde está ele?
Onde está ele que non aparece
Pelo menos a mostrar-nos que é mistério?
Que sabe o rio disso e que sabe a árbore?
E eu, quenãosou mais do que eles, que sei disso?
(Fernando Pessoa. O Guardador de Rebanhos, 1911-12)
Hai artistas que viven a creación como unha necesidade. O papel en branco, a tela muda e retadora son principios de tensión especulativa. Alfredo Salom leva moitos anos creando, inspirándose na poesía, na ciencia, nas emocións; como tan ben escribe o poeta lisboeta: nos misterios da vida. Outra volta as salas de Vinarte Espacio Artístico (ese recuncho rexentado e mimado por Sandro Raffaelli) albergan creacións de Salom, neste caso concretadas en dúas series: Las Puertas del Tao e maisDesierto.Dúas series a cada cal máis suxestiva.
Unha das fontes das que bebe Salom é a poesía. A poesía, esa arte conceptual, que coa precisión de miniaturistas alambica emocións e revela as esencias e as fontes da alma. O artista admirador de Fernando Pessoa e dos seus heterónimos (unha galaxia de universos paralelos) leva elaborado longas series sobre este mesmo poeta, sobre Rimbaud, Baudelaire ou o sobre seu amigo Pexegueiro. Para chegar a tal comuñón pintura-poesía, Salom aclara que precisa dúas cousas: que a poesía da poetisa ou poeta o encha de imaxes, que as verbas, o ritmo lle peten nos adentros; e a outra –curiosa esta-- que a face da/do poeta lle transmita vibracións, comunicación de interrogantes primordiais.
Tumblr media
Hai aproximadamente un mes, e nos mesmos lugares, Salom inauguraba unha mostra con outras dúas series onde se constataba a súa forte instrución intelectual. Por unha banda estaba a serie Chamanes, nacida das lecturas heteroxéneas de escritores como o antropólogo Carlos Castaneda; e principalmente do seu libro Viaje a Ixtlán. Como é coñecido Castaneda, estudante da universidade de Los Ángeles, mira de facer a súa tese sobre o uso de plantas alucinóxenas por parte dos xamáns de Mesoamérica e para iso contacta con don Juan Matus, xamán radicado en Sonora. Ao final o que recibe Castaneda é a iniciación ao xamanismo sen ter que consumir substancias con efectos psicotrópicos. A serie Chamanes vén sendo a execución cerebro-man que lle provoca a Salom a lectura das experiencias do antropólogo. Os óleos e acuarelas desta serie sacoden aos visitantes e transpórtanos do románico á mística das figuras con centros de gravidade espiritual nos ventres.
A carón de Chamanes colgaban nas paredes as formas nebulosas da outra serie: La Trama de la Vida. Neste caso Salom atopou a conceptualización precisa nos escritos do científico e divulgador Frjtjof Capra, que publica xa no ano 1975 o volume O Tao da Física, un best-seller ata certo punto difícil de xustificar ao ser un tratado (divulgador, iso si) da física, e da ciencia en xeral. Pouco a pouco Capra tamén se interesa por temas de bioloxía e ecoloxía, ao carón de certo misticismo oriental. Vendo as creacións de La Trama de la Vida mesmo semella que son as ilustracións perfectas para a explicación das orixes da vida; ese caldo primixenio de onde arrinca todo.
Tumblr media
A. Salom, María do Cebreiro, Desierto
No deserto hai oasis e espellismos. O principal traballo
de toda vida humana é aprender a recoñecer
a diferenza. Non é doado. Por máis que da desilusión
nazan promesas, libros e casamentos, segue sen ser doado.
(María do Cebreiro, Fragmento do poema As ilusións. En O Deserto, 2015)
Seguindo na súa creatividade especulativa, Salom presenta agora en Vinarte Espacio Artístico, un espazo ben atractivo e anexo ao ristorante Raffaelli, outras dúas series inspiradoras de arte, transitadas por misticismos. A primeira leva por título Desierto. A secas, sen adxectivos. O xeito de traballar deste artista conceptual é ben peculiar. Da súa curiosidade por todo deveñen as súas ansias lectoras; e desas lecturas (e/ou visionado de imaxes) chegan os primeiros trazos sobre papel ou sobre lenzo. Moitas veces o pintor non acaba de revelar que son eses iniciais riscos e, é reiterando o traballo, como os seus miolos comprenden o que está a celebrar a súa man. No caso de Desierto o proceso foi o mesmo. En Vinarte están agora algúns dos primeiros resultados do que executaba a man en liberdade. Os resultados son liñas ondulantes, policromas, debedoras de dunas e xeografías áridas, pero vivas, suxestivas de vieiros ao coñecemento. O deserto como metáfora da existencia primordial.
E conta Salom que cando andaba argallando esta serie de Desierto recibiu por correo un libro que viña de ser publicado pola súa amiga e poetisa galega María do Cebreiro. Había tempo que non tiña noticias súas e, ao abrir o envurullo, descubre que o libro que lle manda María do Cebreiro titúlase O Deserto. Esa coincidencia emocionou a Salom que aínda se envorcou máis na execución da serie, agora coa iluminación da poetisa. O poemario de María do Cebreiro é magnífico; versos longos, lectura pausada, imaxes crúas e reveladoras. No poema Deucalión, María do Cebreiro comeza escribindo: A paixón é o deserto. Erra na experiencia do seu pensar aquel / que identifica o deserto coa sede. O deserto é unha forma / brutal da plenitude. Na presentación da exposición Salom tivo o acerto de que se lesen varios poemas do libro de María do Cebreiro, en galego e mais nunha tradución ao castelán executada pola propia poetisa.
Tumblr media
Deserto, paixón, forma brutal de plenitude
O deserto semella a nada, e tamén é todo. O deserto non é sede, como reza a poetisa, e tampouco é a nada. Nos desertos hai vida. Hai plantas, animais, humanos que se acabaron adaptando ás duras condicións. E son vidas básicas, retidas na súa condición de primordiais, austeras e mínimas. O deserto é espazo, é luz, é o silencio do baleiro. O deserto, como o horizonte, é metáfora da existencia, promesa de materialidade, suxestión de realidades inmateriais. As referencias ao deserto son incontables desde hai moitos séculos. A espiritualidade refúxiase no deserto, lugar de meditación, de confrontación a si propio, sen intermediarios físicos. No deserto as e os eremitas practicaron o xexún á procura das respostas primordiais. Por alí pasou Cristo, María Magdalena, tantas e tantos santos (por exemplo san Xerónimo, tan ben pintado polo mestrte Caravaggio) e anacoretas anónimos. Nesas xeografías extremas buscouse o sentido da vida. Incluso Boccaccio no seu inmortal Decamerón se permitiu xogar cun ermitaño no relato Meter o Demo no Inferno.
... aquel casal deulles aos deuses unha lección de soberbia e de humildade. Tal reza o derradeiro verso do poema anterior (Deucalión). Humildade e soberbia tamén aprenden os desertos aos humanos. O deserto, que nada ten de baleiro nin de estéril, vén sendo –no imaxinario da humanidade-- referente primario, como a lagoa Estixia ou a caverna de Platón. Son eses lugares onde se aprende o autocoñecemento, onde as ideas veñen representadas no espello (ou no outro lado do espello?). Se o escritor se pode atopar atrapado polo deserto da folla de papel en branco, o pintor é refén do lenzo amplo, longo, onde a brancura manifesta o non-ser, a non-creación. Os espazos en branco son desertos evocadores e atractivos. En occidente máis: o horror vacuié un feito na nosa sociedade, igual que molesta o silencio. Explica Malevich que cando elaborou un cadro en branco (1916), estivo noites sen durmir do desacougo que sentiu. Non é para menos: arrincar da tela en branco, traballar na elaboración dunha pintura, e que saia o mesmo, branco, pode ser aterrador.
Deserto é inmensidade. O deserto non sabe de estremas, nin lindes. As beiras áridas e resecas do deserto negan a propiedade, a humanización dos espazos. Quizais os océanos (desertos de auga) e o propio deserto sexan as fronteiras físicas e mentais máis evidentes e máis formidables.
O mundo interior tolera mal o exceso de equipaxe Alfredo Salom é un artista lixeiro de equipaxe, destemido e arriscado. A súa serie Desierto é unha aposta contra si mesmo, contra o ruxe-ruxe dos miolos abarrotados de ideas, pensamentos, imaxes. É unha concesión á memoria. Salom gosta moito desas paisaxes áridas que saen nos filmes clásicos, en westerns como Stagecoach (A Dilixencia), The Searchers (traducida aquí –de xeito literal???-- por Centauros del Desierto). Na súa serie Salom mostra os seus espazos de recordos, momentos únicos, proclives á creación onde se manifestan todos os tempos neses silencios que agariman as liñas onduladas ricas e coloridas.Desiertoé unha ollada ao mundo –inmensidade que supera os límites--; non para explicalo, mais tal vez para aprender a soportalo.
Tumblr media
Las Puertas del Tao.Alfredo Salom, Vinarte
Vida e morte son abstraccións do crecemento;
Dificultade e facilidade son abstraccións do progreso;
Cerca e lonxe son abstraccións da posición;
Forza e debilidade son abstraccións do control;
Música e fala son abstraccións da harmonía;
Antes e despois son abstraccións da secuencia.
(Lao Tse. Tao Te King)
Para Alfredo Salom pintar é unha necesidade fundamental. Salom é persoa curiosa e inquieta; sabe de física cuántica, de poesía, de mística. Salom pinta como podía traballar eternamente formando e conformando un deses xardíns xaponeses que só ten area e pedras, como podería pasarse medidas de tempo e tempo compoñendo mandala tras mandala. Segundo confesa o propio artista comeza trazando liñas sobre papel ou sobre o lenzo, sen saber cal será o resultado final. No fondo da figura de Salom hai un dadá, un rebelde, ao que lle motiva moito o automatismo, o trazo nacido das fonduras subconscientes.
Na mística, na filosofía oriental, ten moito predicamento a lectura da natureza, da vida e da existencia en xeral como unha loita de contrarios. A vida e a morte son complementarias. No libro Tao Te King, do pensador Lao Tse, explicítase continuamente esas dualidades anverso/reverso, ese positivo/negativo, que se alberga dentro de cada ser, de cada obxecto. O Tao é camiño, vieiro nacido como resultante da confrontación de forzas contrarias, o yin o yang. O yin e mais o yang son os dous principios básicos dotao, do que xorden, son os principios da dualidade que se atopa en todo. Son o feminino e o masculino, son a terra e o ceo, a claridade e a escuridade. Da loita de contrarios xermola a vida, otao, o camiño. Esta concepción mística do mundo non é privativa das filosofías orientais, o marxismo tamén establece como bases do materialismo dialéctico e do materialismo histórico as loitas dos contrarios: o pensamento e a evolución histórica. Xa Marx e Engels tiñan claro que da loita entre proletariado e burguesía sairá a futura sociedade socialista.
Tumblr media
El Tao y su holograma son la misma cosa. / Se llaman profundidad oscura, también. / La aceptación de todo es la puerta de entrada al Tao. Na exposición que Salom fixo tamén en Vinarte hai pouco tempo, para argumentar as orixes da serie La Forma de la Vida, o artista remitíase ao libro divulgativo, ben coñecido, El Tao de la Física, do físico Capra. Que teñen que ver a mística coa física actual, científica? Segundo Capra, moito. Ambos vieiros (tao) –presuntamente tan afastados-- buscan o mesmo: explicar o universo, a vida e o máis curioso é que están chegando a conclusións similares. O mesmo fai Salom: nos seus miolos combina curiosidades e coñecementos para que a man trace as liñas, as cores de series tan dispares como Las Puertas del Tao ou a de La Forma de la Vida. Na execución da serie do Tao, a pintura de Salom faise primaria, elemental. Branco e negro, trazos verticais e horizontais. Nalgunha das pezas mesmo se albiscan as portas, cos espazos cegados de branco, como que fai o camiño para chegar a un nirvana que está xusto ao traspoñen. No monte do Seixo, monte da parroquia de Caroi (Cotobade) existe a porta do alén (Portalén), a porta de entrada ao máis aló. Será tamén unha porta do Tao? Pasando a Portalén pódese comunicar cos mortos, pero sempre hai que entrar de norte a sur, senón non ten efecto. Logo de comunicarse cos mortos da familia hai que volver saír do mesmo xeito. Todas as sociedades humanas tiveron e teñan as mesmas preguntas, as mesmas necesidades e as mesmas urxencias existencialistas.
Deserto, tao, dous xeitos de espiritualidade? As faquías externas das dúas series mostran elementos ben diferenciado: Desierto aposta por liñas ondulantes, unha paleta ben colorida; mentres que as pezas de Las Puertas del Tao prefiren as liñas rectas e perpendiculares, o misticismo reducido á escala de grises. Pero Salom non dá puntada sen fío, e no fondo as dúas series remiten ao mesmo: a esa obra múltiple e polimorfa que o artista leva elaborando unhas cantas décadas.
Por estas datas é doado contemplar na vila de Barcelona unha ampla e cuidada exposición do fotógrafo xaponés Shomei Tomatsu (Fundación MAPFRE). Nas instantáneas de Tomatsu, aínda que reflectidoras de realidades duras (Nagasaki despois da bomba atómica, a ocupación de EEUU, ... ) intúese unha ollada zensobre persoas e obxectos. É un fotógrafo moi respectuoso. E na Fundació Miró están colgadas agora as pinturas de Itô Shinsui, un pintor de mediados de século XX (contemporáneo de Tomatsu), que fai unha pintura tan tradicional como se estivese a pintar a mediados do século XVIII. A súa especialidade son as estampas bijinga (mulleres idealizadas e tradicionais que xa non eran referentes de ninguén nos anos que Shinsui pintaba). Nese trato delicado e de trazos mínimos tamén bebe do taoísmo, da meditación zen.
Aínda máis. Estes meses de verán a galería Artur Ramon enche as paredes das súas salas coas Variacions de Tintoretto de Jorge R. Pombo. Este artista formado por medio mundo define as súas pezas como unha loita de contrarios. Outro artista prendado da mística oriental?
Tumblr media
Lito Caramés
EXPOSICIÓN: Las Puertas del Tao, Desierto
Vinarte Espacio Artístico
0 notes
astillasdetinta · 7 years
Video
youtube
Xosé Lois Vilar 
Talasonimia
MILA MÉNDEZ
REDACCIÓN / LA VOZ 26/09/2017
Bautizaban cada roca, cabo o cueva. También los relieves oceánicos. El mar era su medio de vida y lo conocían como la palma de la mano. La desaparición de los veteranos pone en peligro este patrimonio oral y recuperarlo es una labor difícil pero gratificante.
Según la zona, la dunas se llaman tombos, moutillóns, malloeiras o motroncos «Pasas a punta Falsa, miras para arriba e ves un frade capuchino rezando cun libro. Cando chegas aí sabes que estás no Flaire», explica Adrián Abella Chouciño. El investigador local es una de las voces más expertas en la toponimia marítima del litoral de Malpica. El mérito, subraya, no es suyo, sino de los viejos marineros que, con una memoria envidiable, retienen los nombres con los que sus antepasados nombraron cada rincón de la costa. Los transmitieron durante generaciones, «por instinto de supervivencia», y ahora corren el riesgo de desaparecer. «Levo toda a vida aquí e non coñecía nin o 5 % de todo este patrimonio inmaterial», confiesa Adrián. Los GPS y los radares son para él los culpables. Los nuevos marineros ya no necesitan saber, como urgía a Secundino Cuevas, Paco de Corme o Chucho de Carriliño, sus fuentes, que en la punta de vendaval de Sisargas, Talieiro, era bueno echar las nasas. «Antes eran analfabetos en terra pero catedráticos no mar», opina Adrián.
Muchos kilómetros al sur, en la desembocadura del Miño, empezó su trabajo de recopilación Xosé Lois Vilar, autor de Os nomes do mar. Talasonimia na costa sur galega. Este historiador de formación se embarcó con veteranos lobos de mar de la zona para documentar los nombres propios de las rocas, de la superficie marina, «clasificada comas as rúas dun barrio», de cada rompeolas y también de los lechos marinos. Los apodos de los pescadores iban para los bancos de pesca a los que eran asiduos o para los lugares en los que murieron amigos. Un documento vivo de los naufragios. «En Cabo Silleiro temos O Cunichán. En 1906 afundiu aquí un barco inglés, o Collingham», cita Xosé Lois Vilar, miembro también del Instituto de Estudios Miñoranos.
Ejemplos de micro-talasonimia1 de 5
«Os que ían á robaliza son quen mellor coñecen os fondos», dice un investigadorLa inspiración venía también de las formas que les recordaban las rocas, «nomes figurativos, de fácil recordo. A una pedra máis grande chamábanlle A Vaca, á máis pequena O Becerriño», dice Adrián Abella. Investigando, Xosé Lois descubrió además una gran variedad en los nombres genéricos. «Os mariñeiros nunca falaron de dunas, senón de tombos nas Cíes, de moutillóns en Baiona, de malloeiras en Louro, de motroncos en Carnota ou de terrallouzos en Ferrol», detalla.
«O único xeito de salvar toda esta microtoponimia é consultándolle á xente que explotou este mar. Os que ían á robaliza son os que mellor coñecen os fondos mariños. Se había un outeiro bo, eran as pedras ás que, sabían, tiñan que volver», cuenta Vilar, que guarda dos libretas de los años 50 con las marcas anotadas por dos vecinos.
Las cartas no son de fiar
Las cartas náuticas de organismos como el Instituto Geográfico Nacional, advierte, «non son de fiar. Inventan nomes que non existen e os reais dislócanos». Pone ejemplos: «En Monteferro, Nigrán, hai un lugar que se chama As Gateiras. Se o buscas no Google Maps figura como Las Gaiteras. Rapacarallos, en Baiona, aparece como Piedra de Rapa». Solo en los 40 kilómetros de costa que ha peinado hasta Nigrán ha recopilado 1.300 nombres. «Se multiplicamos isto por toda a extensión que ten o litoral galego estamos a falar de máis de 50.000 topónimos en perigo de extinción», advierte. Muchos se perdieron pero el reto de preservarlos, opina el también arqueólogo, es «abarcable».
Desde la Real Academia Galega, Vicente Feijoo, responsable de toponimia, reconoce que la marítima merece un capítulo aparte. «Os nomes dos montes ou das leiras eran máis coñecidos e compartidos. No mar, se un percebeiro sabía que a Pedra das Mulleres tiña moito marisco, non o desvelaba -admite-. Estes aínda teñen máis risco de esvaecerse». Lo cierto es que los viejos marineros van muriendo. «A paisaxe inflúe na xente. En Galicia cada cumio, cada rego, cada ponte, cada pontella é unha fronteira», resalta Adrián Abella. Y todos sabemos que no puede haber nada más gallego que eso.
0 notes
salvemoscabana · 7 years
Text
Salvemos Cabana celebra que a Xunta non autorizase a acampada do Festival V de Valarés no piñeiral público
Ademais da recuperación do piñeiral anexo á praia de Balarés para uso e disfrute do común da xente, o protocolo establecido polo Concello de Ponteceso para protexer o complexo dunar da Enseada da Ínsua, aínda carente de vixilancia, mellorou dende o pasado ano. O elevado impacto sonoro en horas nocturnas sobre distintas localidades do Esteiro do Anllóns e o emprazamento a carón da zona de máxima protección da Rede Natura 2000, principais factores a ter en conta para trasladar o evento a un lugar máis axeitado en futuras edicións.
Tumblr media
O PIÑEIRAL DE BALARÉS VOLVE A SER PÚBLICO
Tras a notoria polémica do 2016, que terminou en inspección e advertencia de graves sancións por parte do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) aos organizadores do festival por incumprimento das condicións impostas, é de celebrar que este ano a Xunta de Galicia non autorizase a organización dunha acampada no piñeiral de Balarés, que volveu a ser o que sempre foi, un ben gratuíto para o disfrute e esparexemento da cidadanía, non un espazo acoutado e de pago para beneficio dun ente privado.
O IMPACTO SONORO, O PRINCIPAL PROBLEMA NA EDICIÓN DESTE ANO
Na edición deste ano, con todo, o principal problema foi o impacto sonoro sobre as localidades circundantes ata altas horas da noite, posiblemente debido á acústica e orientación do escenario. Este feito provocou que moitos veciños e veciñas, sobre todo nas parroquias de Canduas e Cesullas, en Cabana de Bergantiños, tivesen dificultades para conciliar o soño.
A NECESIDADE DE PROTEXER O COMPLEXO DUNAR DA ENSEADA DÁ ÍNSUA
O pasado ano, desde a Plataforma pediuse o acotamiento, vixilancia e protección do complexo dunar da Enseada da Ínsua durante a celebración do festival, ao tratarse dun hábitat de altísimo valor ecolóxico e moi sensible ás interferencias humanas.
De feito, o maior risco é o sendeiro litoral que permite alcanzar a zona de dunas en menos de 20 minutos desde o emprazamento do do V de Valarés, algo que nesta ocasión, e aínda estando a zona está carente de vixilancia, púdose solucionar en parte coa disposición do valado e o protocolo establecido polo Concello de Ponteceso, sen dúbida máis eficaz que na edición do 2016, cando o tránsito cara ao complexo dunar foi unha constante en determinados momentos.
UNHA ZONA DE ELEVADOS VALORES AMBIENTAIS
Hai que lembrar, ademáis, que o festival V de Valarés celébrase nas inmediacións dun espazo litoral de alto valor ecolóxico incluído dentro da Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) Costa da Morte, ZEPVN-ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) Costa da Morte (norte) e dentro de e  dentro de a Rede Natura 2000 -ZEC Costa da Morte e ZEPA Costa da Morte (norte) en Zona 1 ou "Área de protección " e que, por tanto, está suxeita á aplicación do decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria en Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000.
Na zona de influencia do evento aparecen recollidas representacións dun mosaico de hábitats de interese comunitario e o lugar alberga tamén poboacións de interese para a conservación entre as que destacan aves, morcegos, anfibios e plantas, en todos os casos moi sensibles ás perturbacións dos seus hábitats.
A NECESIDADE DUN CAMBIO DE EMPRAZAMENTO
A protección do medio ambiente e a preservación dos valores naturais desta parte da Costa da Morte deberían tomarse en consideración para trasladar canto antes o Festival V de Valarés a un mellor emprazamento fóra da área de máxima protección. Porque a finalidade da Rede Natura 2000, como principal instrumento de conservación a nivel da UE, é asegurar a longo prazo a supervivencia das especies e os tipos de hábitats en Europa, contribuíndo a deter a significativa perda de biodiversidade que está a sufrir o continente.
0 notes