Tumgik
#amordenai
aliciafd · 4 years
Photo
Tumblr media
Ese sorriso, eses ollos e ese carácter, forman a persoa máis especial que me puido regalar a vida. Soamente con mirarme es capaz de sosegarme, de calmarme... Soamente cunha caricia es capaz de demostrarme todo o teu cariño. Soamente con sorrirme, es capaz de alegrarme un día dos malos. Unha nai é o regalo máis grande da vida, unha nai merecedora de tanto, conforme con tan pouco. 51 seituras, tantos anos trasmitíndome paz a través deses ollos azuis. Quero que sigas xunto a min sempre, aconséllame e guíame, continúa a ser eixe da miña vida, a velar por min como cando era unha cativa. Adórote miña Rose, espero que cada aniversario sexa máis especial, que o recordes con tanto cariño como eu o fago, cada día xuntas. 🌹 Felices 51 miña nai dos dous mares❤️🥰 . . . . #cumpleMami #51aniños #miñaRose #adórote #pilarfundamental #eixedevida #amordenai #amordefilla #orgullodeterte https://www.instagram.com/p/CCPJj8eCy4LimxkSz9JZPjMB8KqvAy_8U4902I0/?igshid=1x4msthff44o9
0 notes
aliciafd · 4 years
Photo
Tumblr media
Mamá♥️ Sempre estás ahí, nos bos momentos, celebrando xuntas, nos malos, dándome esa aperta que cura feridas enormes. Axúdasme cas miñas comeduras de cabeza, posme ese punto de cordura na miña loucura, colocas ese sosego na miña ansiedade. Eres capaz de facer de que nun momento serio, esboce un sorriso, de que nas debilidades non me desvanezca e de que das caídas me levante máis forte. Grazas por ser nai, amiga, acompañante, guía e eixe na miña vida. Grazas por ser a muller que me ensinou a ser a muller que son. Grazas á vida pola sorte de que foses ti a miña nai. Mamá, sempre serei eu, sempre estarei aquí, para todo e para todos, como ti me ensinaches. Quérote miña raíña👸 . . . #quevivaanaiquemepariu #amordenai #amordefilla #díadanaienconfinamento #máisxuntasimposible #amordeverdade (en Na Miña Casa in My House) https://www.instagram.com/p/B_s5OiQqvL0C99j-FTlyeZf658he4r4eLz_VHE0/?igshid=j3yn8q0ucbav
0 notes
aliciafd · 5 years
Photo
Tumblr media
Somos o yin e o yang☯️ Pero que fariamos a unha sen a outra🙌 Sigue estando por favor👣 Eu tamén estarei sempre🌹 . . #streetstyle #mom #yinyang #líneasdivisorias #blanco #negro #amordenai #amordefilla #confesiónsdesetembro (en Toural) https://www.instagram.com/p/B2436GNHA4xw18Qkk2eZXDthSlLzcvIlCoZ6BU0/?igshid=pk3rhmxsdand
0 notes
aliciafd · 5 years
Photo
Tumblr media
A flor máis bonita que me deu a vida🌹 A persoa máis fermosa que me apoia día tras día🥰 A persoa que sabe o consello que me fai falla en cada momento💪 A persoa que me anima, me axuda, me tranquiliza e me apoia💕 Gracias por todo, gracias por entenderme, por quererme e por acompañarme, por darme sempre as palabras de alento necesario💞 Hoxe e tódolos días, feliz día de Santa Rosa de Lima🌹 #felizsantomami #SantaRosadeLima #oteudía #amordenai #amordefilla (en Xinzo de Limia) https://www.instagram.com/p/B1fsjFNCakxxaAFhYpBgrVCnoZnaedZT-9O16Y0/?igshid=126l7333iytok
0 notes
aliciafd · 5 years
Video
Se con alguén estou unida dun xeito especial, é contigo, a persoa que me protexe todos os días dende antes de nacer🤰, a persoa que me demostrou que na vida pasamos unha boa parte do tempo aprendendo a caernos, pero tamén a levantarnos; que cada caída na vida vai doendo menos, e hai algunas das que nos costa moito levantarnos, pero a pesar de que nos queden feridas, levantámonos. Ela, a que me ensinou a loitar polas miñas ilusións⭐️, que me apoia en tódalas miñas aventuras🤩, que me tranquiliza coma ninguén e que ten ese sexto sentido que me axuda sempre nos meus conflictos internos✨. Ela, que me ensinou a vivir, e o que é máis importante, a desfrutar da vida, que é curta💫. Ela, que me ensinou a ter os pés na terra, porque sabe que hai ilusións que non se van cumplir e non quere que sufra. Ela, que é un referente constante do que é ter unha OHANA👨‍👩‍👧‍👧! Como coidar á miña OHANA e como axudala en todo e sen importar as circunstancias. Ela, que me deu todo sen pedir nada a cambio. Ela, que me amou💞 incodicionalmente, sen importar as trastadas, ou as loucuras que fixera. Ela, a muller máis sinxela do planeta, a raíña👑que ten o seu reino cando está xunto dos seus, que non precisa de luxos se ten a súa familia comendo nesa mesa que tantos recordos agocha. A muller que con orgullo chamarei por sempre MAMÁ, a que hoxe está de cumple, a que xa conta con medio século. Xa son 50 anos de seitura🌾que foron pasando, como ti dis media vida! Soamente che pido que me sigas ensinando, porque nunca me cansarei de aprender de ti, a persoa que loitou por min sempre!🌹 #amordenai #amordefilla #amorinfinito #medioséculo #parabénsRose #mamicumple50 #raíña (en Xinzo de Limia) https://www.instagram.com/p/Bzgry1ohsCwkYKbwj1iA4jgzueY6wJ9dbh6zFo0/?igshid=17392qswbtj0q
0 notes