Tumgik
#Nesa Costas
suanzes · 1 year
Text
Imos ao curricán
"Curricán! Onde vas? Que te vas matar!" Francisca Iglesias Bouzón bérralle a Xanciño nas rúas de Vilanova de Arousa. Non, non é Matria, curta nin longa, é Curricán (Álvaro Gago, 2015)
Nesa curta Gago dálle o protagonismo a un rapaz duns 8 anos. O fío dos coidados entre el, o seu irmán maior e o seu avó (Celso Bugallo) amosan unha sensibilidade e un bo facer coa cámara e a narración que convidaba a seguilo na súa carreira profesional.
O rechamante de Curricán logo de ver o debut na longametraxe con Matria (Álvaro Gago, 2023) é onde están as mulleres. Ao fondo. Xanciño crúzase coa nomeada Francis, mira de lonxe a avoa dun amigo, atópase coas veciñas que comentan cousas con el ou sobre el, pero as figuras femininas non están disponibles para Xanciño, son figuras de paso, ausencias na súa vida, silencio ou, como moito, frases sen continuidade. Así que con Matria (Álvaro Gago, 2017), a curta, Gago comeza ir ao curricán. O seu peixe é falar delas. Aquela figura feminina que berraba no 2015 convértese na protagonista. Algo que xa non ten volta atrás en Matria (Álvaro Gago, 2023), a ópera prima que agora chega aos cines.
Tumblr media
Éche aquí a clave do que significa Matria, a película. Significa que Gago dirixe a un equipo de mulleres (fotografía, arte, vestiario, produción, música) e abre a súa ollada ao seu discurso, a Francisca Iglesias Bouzón, a María Vázquez que interpreta a Ramona e a todas as mulleres que habitan o filme. Porque o importante en Matria é o fío que as une a todas: Ramona, a súa filla, a amiga íntima, as compañeiras da conserveira, a médica que a atende, as que xestionan as súas posibilidades de traballo e a propia Francisca Iglesias Bouzón facendo o pequeno papel da muller do bar, acubillo para un dos escasos momentos de liberdade da protagonista.
Matria é a carreira imposible de Ramona por respirar. Entre precariedade, maltrato e soidade, como espello da carreira de tantas mulleres galegas que precisan de inhaladores para seguir sobrevivindo. Así, o filme imprime ese ritmo de desacougo constante, todo o contrario que había naquel Curricán que deambulaba devagar, e non deixa que audiencia respire máis que cando a personaxe interpretada por María Vázquez pode facelo. Caemos esgotados porque ela vai esgotada. Sentimos a incomodidade ante os seus berros porque ela non é quen de se expresar doutro xeito, agás cando pela patacas, encorda o mexilón, fríe os xurelos ou fuma no peirao.
Como home, sentinme incómodo con Ramona a primeira vez que vin o filme, amoloume o seu comportamento, percibín que non empatizaba con ela malia toda a presión que a personaxe tiña enriba. Si, moi ben rodada, pensei. Si, un gran traballo de foto, de arte, de guión, de localización, de actuación... Pero saio saturado de seguir a esta muller e aos seus problemas. Seica porque bateu onde tiña que facelo, seica porque o camiño observacional de Curricán era fermoso e delicado, pero sinxelo de entender como home e a dirección que colle Matria é arriscar ata o estremo desde a honestidade e o compromiso, non é un sendeiro sinxelo nin agradable, pero está ben ter que transitalo. Seica porque pescar, coma facer cine ou loitar contra o machismo propio, é unha actividade de paciencia e confianza.
youtube
2 notes · View notes
crisrf1986 · 2 years
Text
Presentación: La herencia. El secreto de las brujas de Andrea López, Nesa Costas & Antía Eiras
Presentación: La herencia. El secreto de las brujas de Andrea López, Nesa Costas & Antía Eiras
¡Hola, holaaaa! El sábado 4 de Diciembre tuve el placer de asistir a la presentación del nuevo libro de Andrea López, Nesa Costas y Antía Eiras: La herencia. El secreto de las brujas. El evento se celebró en el restaurante de El Corte Inglés de Vigo y estuvo moderado por Noelia Rodríguez. Os dejo la información del libro y después os cuento un poco más de la presentación. Sinopsis: Tres…
Tumblr media
View On WordPress
0 notes
bleiywishlist · 5 years
Photo
Tumblr media
¿De dónde vienen las brujas? Rita tiene la respuesta. Como en los cuentos que le contaba su madre, todo ser procede de un mundo en blanco y negro. La variedad de mitos y leyendas es el camuflaje perfecto. Puede ser un compañero de trabajo, un vecino, un amigo o un miembro de la familia.Sea lo que sea, es imposible saberlo. 
0 notes
otristestephen · 4 years
Text
Células: notas a unha exposición de Alexandra R. Rey
Tumblr media
1.
A poeta estadounidense Sharon Olds publicaba en 1987 o libro The Gold Cell, un título que se podería traducir de dúas maneiras: como A cela de ouro ou A célula de ouro. Cela/célula. Nesa mesma dicotomía, creo eu, xebra o seu traballo Alexandra R. Rey.
Nunha man a cela. Se a pensamos coma un panal poderían ser moitas celas, un tecido. Capas e capas de traballo minucioso de construción. Capas e capas de ruído que fan un corpo. Un corpo está atrapado no ruído ou é ruído?
Noutra man a célula. Hai algo vivo no interior de todo isto. Unha persoa que camiña a habitación en círculos. Pode estar desesperando, pensando, a piques de ter unha idea xenial. Se cadra tampouco está camiñando en círculos —aquí púxenme máis cinematográfico ca poético—, se cadra está ensaiando unha canción, se cadra está lendo, ao mellor dorme.
Sexa como for, hai un barullo nas celas e nas células. Ordenar ese balbordo é tarefa de quen se detén a escoitar e tomar nota, unha tarefa inocente e nada lucrativa. Algo artístico, entón.
Cando vin por primeira vez o libro 12-25/71-84, pensei nos debuxos de neuronas de Ramón y Cajal (c. 1890), o difícil de nos imaxinar feitos de tecidos, neses trenzados de pólas que parecen os curutos das árbores ou algas ou medusas enormes á deriva. Nesa deriva Alexandra debuxa unha linguaxe imposible, hiperconectada. É a linguaxe do corpo incomunicado que ela imaxina, a célula/cela. No seu traballo as paredes dos cuartos pechados (corpos) actúan máis ben como caixas de resonancia, puntos de chegada e partida. Que non comprendamos a linguaxe que aquí se expón, non quere dicir que non haxa unha linguaxe. Ás veces o ollo equivócase ou trémenos a man e saímos fóra da liña, da letra, mentres escribimos. Eses erros, eses disparos son as pegadas que deixan os nervios. Unha emoción.
Nun poema titulado “Primeiro amor”, desa mesma colección —The Gold Cell—, Sharon Olds di ao falar da morte da súa parella nun accidente de tráfico: “Lembro que apoiei / a fronte contra os barrotes vernizados / do carril da balaustrada e me suxeitei / apertándoos como se quixese / arrincalos todos á vez, pechalos coma unha porta / escura, pecharme eu tamén coma unha porta / igual que ti foras pechado, pechado de todo, pero non puiden / facelo, a dor seguía avanzando a través de min como / a vida, como o regalo da vida”. Ese impulso gobérnanos tamén hoxe a nós.
Tumblr media
2.
En xuño de 2012, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato de dous institutos galegos examinabámonos ao mesmo tempo, na mesma aula pechada, das disciplinas de Bioloxía e Historia da Arte. Unhas de bioloxía e outras, coma min, de Historia da Arte. Na aula, paseando e facendo garda (coidándonos) estaba unha das miñas profesoras favoritas, Marta. Eu sentara cara á metade da clase. Alí, permaneciamos expectantes, todos debidamente separados, cando a distancia aínda non era de seguridade senón pura desconfianza. Nada máis comezárense a repartir os exames, Marta quíxonos adiantar aos das ringleiras do fondo o contido da proba para que non perdésemos nin un minuto.
É unha planta, anunciou. É a planta circular dun edificio.
Nós, que iamos preparados para todo, iamos preparados tamén para iso, pero non era precisamente o que agardabamos. Fachadas? Si, moitas. Plantas? Rara vez. Que mala sorte a nosa.
Por suposto, co avanzar de folios cara ao fondo, o misterio foise desvelando: a planta era célula e aquel non era o noso exame. Pero si que era un edificio. Imitamos as formas da natureza, mesmo aquelas que non podemos ver.
A transformación do plano en volume. Alexandra lévanos ao mapa imaxinado dos seus Callejeros corporales. O plano torna tridimensional á forza de dobrarse. Ás veces a folla engurra pola ferida, pola cicatriz. Outras, sobre unha superficie de pel lisa. Tanto ten, porque o que imita a peza é un movemento, o xesto de alzarse. Pedímoslle aos signos que se manifesten, que leveden ou que salten.
Tumblr media
3.
Dende hai un par de semanas dou un paseo longo todas as mañás. Tamén practico pilates. Quero ser máis consciente do meu corpo, darlle menos marxe para a improvisación ou o engano. Sinto músculos, capas que descoñecía. Cando chego á casa encóntrome mellor.
Polo camiño, nunca saco fotos. Non hai nas miñas redes sociais rastro destes paseos ou das sesións de pilates. É algo íntimo, creo. Lía hai pouco no libro de ensaios Trick Mirror (2019), da xornalista americana Jia Tolentino, sobre as implicacións éticas de posicionarnos nas redes sociais. Sobre a necesidade de emitir unha opinión ou apoiar unha causa a toda costa sen facer ningún outro xesto a maiores. En Exposure (2018), onde a británica Olivia Sudjic analiza o fenómeno da ansiedade que nos producen as redes, coidar a imaxe que queremos dar, manter un estándar determinado, fálase tamén sobre a moda de amosalo todo en vídeos/fotos/publicacións. De estar triste alí onde se supón que non deberiamos. Fálase diso como algo revolucionario.
Aínda que estou de acordo coa normalización do que a miúdo permanece oculto —as doenzas físicas e mentais—, penso tamén que é importante que esa visibilidade teña máis unha dimensión humana do que dixital. Quizais por iso non subo fotos dos meus paseos e hai cousas que gardo só para os poemas, para a xente coa que me cruzo no camiño (bos días!). Penso que eses mesmos segredos están nos Ecos de Alexandra, na fraxilidade desa peza que é unha célula aberta, abríndose, rompendo, unha flor que se atasca, que ve limitada a súa mobilidade. O xesto é tráxico pero natural, está no mundo.
Do mesmo xeito, en Decaparse o corpo carga co que non pode ser contado ou xa non pode ser dito (a razón pode ser social, moral ou física, un defecto na fala). E son bolsas que pesan cada vez máis escuras. Son células/celas, que se queren abrir. Se cadra non hoxe, quizais non aquí, pero algún día.
Tumblr media
[Este texto foi lido o 14 de outubro de 2020 no Espazo de Arte Pareidolia, en Cacheiras, dentro do ciclo Creadores en conversa]
2 notes · View notes
menyakeishi · 5 years
Photo
Tumblr media
Our Japanese style Fried Chicken is so juicy and crispy. . 🍴:Fried Chicken bowl 📍: @mendoki.noodle in Costa Nesa, CA 📷: @foodmaniacoc ______ — view on Instagram http://bit.ly/2AmRTXv
1 note · View note
Text
Nissin Miojo Cremoso Costela Barbecue. Um macarrão instantâneo.
Me conformando com menos.
Não é que você seja ruim. É bom. Mas numa de variar. Agora claro que você tá ai, todo orgulhoso de colocar a coroa e vestir as calças do papai, mas ganhar a vaga assim? Desse jeito não é digno. Não tem valor porque não foi merecido. Esses são sapatos largos demais pra preencher. Não sei como só você conseguiu se segurar nesas varrida. Deve ter as costas quentes. Peixada. Viu os amigo caindo e em vez de ajudar se adiantou. Eu gostava de você. Gostava de verdade. Mas agora vou te comer com raiva. Raiva do que você representa. Tudo que se foi. Tudo que tiraram de mim.
Lembra que o Picanha entrou no jogo tambem, e esse ainda não provei. Abre teu olho, porque se ele for bom, você fica pela pista tambem. Você serviu pra mostrar que miojo não tem familia. Aqui é cobra comendo cobra.
Tumblr media
0 notes
praza-catalunya · 3 years
Text
Escher, matemática e surrealismo
Maurits Cornelis Escher é todo un personaxe en si mesmo. É artista, si, pero tamén amanta das matemáticas e da ciencia. Onde e como xunta Escher arte e ciencia? Grazas á súa desbordante imaxinación. Que teñen os trompe-l’oeil de Escher que se fan agradables, próximos. ¿Será, quizais, que nos seus deseños presenta unha situación enigmática, descoñecida, pero que, ao tempo, está presentando na mesma lámina a solución?
Lito Caramés
Tumblr media
Videos sobre obras de Escher
ESCHER. Museu Marítim de Barcelona
As leis da matemática non son sen máis unhas meras invencións ou creacións humanas. Sinxelamente son: existen independentemente do intelecto humano. O máximo que pode pretender facer unha persoa de intelixencia aguda é descubrir que esas leis están aí, e chegar a coñecelas (Maurits Escher).
No Museu Marítim de Barcelona, nesas Drassanes onde hai séculos se construían barcos, é doado presenciar agora a instalación dunha magna exposición: ESCHER. O título é así de curto e así de rotundo; para presentar obras de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), artista de sobras coñecido -xa entre as comunidades científicas, xa entre as poboacións sen formacións especiais- non cómpre adxectivar ese apelido, que xa é identificado cos traballos de simetría, cos xogos das tres dimensións sobre o plano dun debuxo, cos paradoxos.
A mostra ESCHER brinda a oportunidade de coñecer de primeira man a evolución estilística deste artista neerlandés, pero tan apaixonado polo Mediterráneo. Escher instalouse e viviu moitos anos en Italia, e viaxou tamén por España; uns viaxes que lle mudaron os xeitos dos seus traballos artísticos, como logo se verá. (Se tanto lle tirou o Mediterráneo, poida que fose candidato a que María Belmonte o incluíse no seu fermoso tratado Peregrinos de la Belleza, obra referencial para saber que hai outros xeitos de mirar as penínsulas mediterráneas, e que agarda traducións a idiomas como o galego). A extensa exposición, ESCHER, está formada por máis de 200 pezas, entre deseños, xilografías, gravados, etc., e conta con obras mestras de varias das súas etapas creativas. Comisariada por Mark Veldhuysen, CEO da M.C. Escher Company, e por Federico Giudiceandrea, coleccionista italiano e gran coñecedor da figura de  Maurits Escher. O caso de Giudiceandrea é ben especial; sendo un adolescente coñeceu os deseños deste creador neerlandés e xa non puido parar. Desde entón colecciona obra de Escher, e hogano pasa por ser a persoa que máis pezas ten do autor de Noite e Día. A meirande parte das obras que se exhiben agora no Museu Marítim son sa súa propiedade. 
Tumblr media
Escher. Noche y día, 1938
Esta importante exhibición estética, ESCHER, é posible, entre outras cousas, grazas ao acordo que o Museu Marítim alcanzou coa empresa Arthemisia e máis coa súa partenaire española, Evolucionarte. Arthemisia vén sendo un grupo italiano empeñado en organizar grandes exposicións doutros tantos artistas ben coñecidos, e logo permitir que percorran cidades e continentes. Evolucionarte, pola súa banda, nace a comezos deste terceiro milenio cos obxectivos de planificar, deseñar e tamén executar proxectos culturais ligados a institucións, fundacións, museos e outros espazos e entidades, sempre coa idea de fomentar a arte. A mostra ESCHER xa leva máis de dez anos circulando por varios continentes (xa foi vista en Lisboa, São Paulo, Madrid e Granada, estaq cidade tan importante na vida de Escher).
Escher é mundialmente coñecido por ser o mestre das figuras que ofrecen mundos imposibles, e tamén por ser o creador das máis impresionantes ilusións ópticas; ilusións que non só sorprenden entre as persoas en xeral, senón que as súas indagacións foron consideradas e tidas en conta por científicos como matemáticos e biólogos. Escher é o mago de tantos e tantos trompe-l’oeil que hogano fan del un dos artistas (aínda que non se identifique por algún espectador) máis especiais, máis irrepetibles da historia da arte.
A presencia desta gran exposición en Barcelona é unha magnífica oportunidade para contemplar os traballos dun artista que, sorprendentemente, combina nas súas pezas temas de ciencia, aspectos tirados da natureza, un depurado traballo de análise de realidades e representacións das mesmas e, por se fose pouco, o pracer de deleitarse antes creacións como Metamorfose, Man con esfera reflectinte, a repetida Noite e Día ou os paradoxos de obras como Cascada e Belvedere. Aquí un vídeo cunha visión reducida do que é a extensa mostra ESCHER.
Para facerse unha idea da capacidade de traballo desta persoa, cómpre suliñar que Escher foi quen de crear, ao longo da súa vida, unhas 448 litografías, moitos gravados en madeira e máis de 2.000 debuxos; e por riba, foi ilustrador de libros, de billetes de bancos, de selos e de murais, entre outras actividades. As súas creacións chegaron a presentarse e estudarse en congresos matemáticos, e os seus deseños foron copiados ou utilizados en publicidade e mais nas creacións de vestimenta. Todas estas repercusións do seu quefacer axudan a aproximarse ás súas obras.
Tumblr media
Escher. Lazos de Unión, 1956
Maurits Escher, entre a realidade e o surrealismo
A Alhambra de Granada é a fonte de inspiración máis fértil de todas aquelas nas que xa teño bebido. (...) Eu non emprego drogas, os meus sonos xa son suficientemente horribles (Maurits Escher).
Maurits Cornelis Escher (1898-1972), o artista que nestes meses é presentado en Barcelona -dentro do longo periplo que anda a facer- tivo unha formación científica. Estudou arquitectura en Holanda perante anos, e ese bagaxe de coñecemento das ciencias acompañouno toda a vida. Escher non é un artista ao uso, non ten nin os comezos, nin a vida de moitos dos seus coetáneos. Por estraño que pareza, foi sustentado economicamente polos seus pais ata a idade de 52 anos (non daba vendodo obra), cousa que non lle impediu casar e ter fillos. Quizais aínda semella máis sorprendente se se sabe que os estudos de arquitectura fíxoos por imposición paterna. Como, logo, ese home alimenta ao seu fillo logo de abandonar tales estudos e lanzarse a unha insegura carreira como artista? Amor paterno?
De certo é un creador único e irrepetible, que con só ver algunha das súas pezas queda claro quen é o autor. Os seus numerosos trompe-l’oeil xa forman parte da cultura popular e están e foron reproducidos en numerosas publicacións, tanto científicas como en tratados de arte. Por citar un caso, o famoso libro de E. H. Gombrich, Meditacións sobre un cabalo de xoguete, recolle ao final do mesmo unha boa escolma de arquitecturas imposibles, reis dos paradoxos, de Maurits Escher. Pero, ao tempo, Escher carteábase con científicos como sir Roger Penrose, un dos grandes matemáticos e físicos teóricos.  
Na boigrafía de Maurits Escher hai tres lugares que conforman as súas residencias nesta terra. Unha, por suposto, é Nederland, lugar de nacemento, formación e onde aondou vivindo aos poucos (dependendo -entre outras cousas- dos avatares bélicos que se deron en Europa); a seguir Italia, península mediterránea que o cativou de novo e na que fixo boa parte da súa vida adulta (alí casou e naceron os seus fillos, a máis de facer numerosas amizades e exposicións); e por último España, da que visitou algunhas cidades en reiteradas ocasións e por motivos ben concretos (que remataron por influír decisivamente nas súas creacións). En Holanda Escher ben puido sentirse atraído polas escolas e movementos de abstracción que xermolaron dentro das vangardas. Como proba Piet Mondrian, membro do grupo de artistas De Stijl, e fundador do seu neoplasticismo. Mondrian tamén comezou sendo realista e figurativista, pero as súas indagacións levárono á abstracción máis pura. Escher pasa por ser un debuxante (e pintor) que copia a realidade (as súas paisaxes italianas da costa amalcitana semellan estudos tomados directamente do natural; pero, a partir desas tomas da realidade tamén o autor de Día e Noite vai facendo abstracción para poder facer todos os xogos de reiteración, de teselado que lle son tan característicos.
Tumblr media
Escher_División regular del plano III, 1957
Falando de Escher, sempre -antes ou despois- os libros e estudos veñen falar de surrealismo, como se este artista formase parte das catervas que no seu día (hai un século) comandou (coma un perfecto Ubu Rei) o prolífico André Breton. E en Italia resulta que viviu e traballou un grande artista como foi Giorgio De Chirico, persoa tan grande que se acepta a súa difícil clasificación. Con todo, moitas das recreacións de Escher obrigan a lembrar as pinturas metamórficas de De Chirico, esas figuras e paisaxes de debuxo ben definido, pero que non pasan por ser precisamente realistas; máis ben surrealistas, aínda que sexa complicado afirmar que as creacións do autor de Il Trovatore levan a identidade de surrealistas. De Chirico deixou escrito: Unha das sensacións máis estrañas e profundas que nos deixou a prehistoria é a do presaxio. Se non surrealista, este artista está claro que se deixaba levar pola forza dos seus soños.
Outro tanto se pode dicir de certo paralelismo entre as paranoicas e críticas realizacións de Salvador Dalí coas reiteracións e seriacións de Escher. Abundando nisto, cómpre lembrar que Escher visitou A Alhambra de Granada no ano 1922, quedando moi impresionado polas trazas xeométricas e reiterativas da decoración caligráfica que os artistas e artesáns nazarís estamparon por toda a obra granadina. Por se fose pouco, retornou a visitar a Alhambra e a Mezquita de Córdoba en 1936, tomando apuntamentos das formas xeométricas (esas que o Islam di que tanto aproximan á divindade) para logo reproducilas nas súas obras.
O dito ata agora refréndase extensamente nas obras deste peculiar artista que tan afeccionado era á ciencia. Unha das pezas máis coñecidas (e reproducidas en cadernos, lapis e demais merchandising) é Noite e día, elaborada no ano 1938. Sobre dous campos de cultivo -que ben poden ser típicos de Holanda e que se presentan simétricos-, un diúrno e outro nocturno, sobrevoan grupos de aves. As bandadas de paxaros vanse atopando e, nos espazos que deixan esas aves, van xurdindo outras de cor diferente. Unha demostración ben clara do dominio do teselado e das filigranas xeométricas que Escher coñecera, por exemplo, na Alhambra de Granada e coas que tanto xogará ao longo da súa vida.
Preto de construcións e traballos surrealistas está a obra titulada Lazos de Unión (1956). Trátase en realidade dun retrato do artista e a súa muller. Como presenta as dúas faces? Pois flotando no espazo, e en forma de tiras, xa de tela, xa de outro material. Esas tiras, por riba, concíbeas como formas tridimensionais dentro dun deseño que só pode ter dúas. Segundo comentou o propio Escher, trátase dunha obra que representa a unidade do que é dual; a concepción abstracta dunha parella, dun casal. E eses lazos mestúranse e rematan por ser un só. A tridimensionalidade está reforzada pola morea de esferas que flotan no espazo. Toda unha exhibición de dominio técnico e de conceptualización teórica.
Tumblr media
Escher, Mano con esfera reflectante, 1935
Obras de Escher na publicidade, nos videoxogos e mais na moda
In realtà ho scoperto Escher quando ero alle superiori, leggendo un editoriale di matematica in una rivista scientifica. Poco tempo dopo trovai un’illustrazione di Escher sulla copertina di un bootleg dei Pink Floyd, il mio gruppo preferito. All’epoca ero un hippie, come tanti giovani del mio tempo peraltro, e il fatto che un artista piacesse sia ai matematici che ai figli dei fiori mi ha sempre affascinato. (Federico Giudiceandrea, entrevista na revista NOI, 2020).
Maurits Escher pasa por ser un artista pouco coñecido. Si, Pero os seus deseños, xogos xeométricos e labirintos convertidos en trompe-l’oeil, pódense ver na publicidade ou nas telas que emprega a moda. E, aínda máis, hai actualmente videoxogos que se inspiraron directamente nos xogos matemáticos de Escher. Na exposición itinerante que se está a comentar, ESCHER, fornecida con pezas propiedade do gran coleccionista Federico Giudiceandrea, móstranse algunha probas de que se acaba de dicir. Por exemplo anuncios de produtos da empresa sueca IKEA (mesas, cadeiras...) directamente inspirados nas construcións imposibles de Escher.
Falando de trompe-l’oeil de Escher que puideron inspirar aos publicistas desta empresa, é ben coñecida a peza (que tamén está nesta mostra) Cascada (1961). Cascada, como Belvedere, é un xogo que semella sinxelo, e no que o espectador se deixa levar, en principio, pola pretendida normalidade das edificacións tridimensionais coa que experimenta Escher. Unha corrente de auga vai pasando por diferentes partes da arquitectura, move muíños, cae e volve caer en fervenzas e, ao final do percorrido, volve (pola gravidade) ao punto de inicio. Cómpre lembrar que Escher estudou arquitectura. Aqui, coma noutros exemplos, as arquitecturas son imposibles.
Como remate a este percorrido pola obra de Maurits Escher coméntase brevemente a peza Man con esfera reflectinte (1935), unha marabilla de virtuosismo e de traballo científico. Trátase dun autorretrato de Escher en que se presenta ao deseño agarrando unha esfera metálica que reflicte as contornas (o seu estudo), e por suposto, ao propio artista. Todo un lucimento que viaxa preto de campos queridos polos surrealistas. Exemplo hai na historia da arte do emprego de espellos cóncavos nos que reflectir figuras. Sen ir máis lonxe o famoso espello que Van Eyck incluíu en Matrimonio Arnolfini. A cabeza do artista, nesta obra de Escher, queda no medio e medio do reflexo, co que calquera observación da peza mantén sempre a cabeza do artista no centro da visión. Escher no centro do mundo? No lugar preferente do seu propio planeta?
Lito Caramés
Tumblr media
Vestidos inspirados en obras de Escher 
EXPOSICIÓN: Escher
Museu Marítim, Barcelona
ata o 26 de setembro de 2021
0 notes
kiro-anarka · 4 years
Link
Galiza vai camiño de se converter nun ermo industrial. Proba da decadencia do sector produtivo está nas estatísticas, mais tamén nas rúas, a onde o colectivo de traballadores e traballadoras, tanto de empresas de servizos coma de grandes factorías cunha longa tradición no país, trasladan as súas protestas fronte ao desmantelamento da industria e da economía galegas. Alcoa na Galiza As imaxes máis recentes atopámolas na Mariña. A proposta da dirección de Alcoa de fechar a planta de aluminio que o grupo ten en San Cibrao implicaría o despedimento colectivo de máis de 500 traballadores, a metade do persoal co que conta a multinacional na costa de Lugo e 85% dos empregados da fábrica. Un golpe moi duro para a economía da comarca e para o futuro industrial da Galiza, que suma este episodio ao xa vivido pola antiga planta de Alcoa na Coruña. A compañía anunciou en 2018 que deixaba de producir nesas instalacións, mais nas que tiña en Avilés (Asturias) polo alto prezo da enerxía. No verán de 2019 vendeu ambas as factorías ao fondo suízo Parter Capital, que deixou a súa xestión en mans do grupo Alu Ibérica. No proceso, a planta prescindiu duns 400 postos de traballo. En abril dest
0 notes
xdrigox · 6 years
Text
Marca
Então achei que todo drama acabaria
Como acaba um vinho numa taça
Porque vivi equivocado tantos dias
Preciso eliminar do meu coração, à adaga
Procuro nesas noites uma saída
Torou-se os pesadelos hoje real
E vive em apuros minha vida
Que acredita que são todos iguais
Em quanto tempo vai me convencer
Que tudo que passou devo eu esquecer
Que posso fechar os olhos e sem saber
Acreditar que não trata em mim sangue
Piores verdades que parecem mentiras
Agora me arrependo por acreditar
Piores mentiras são as que parecem verdsdes
No peito de quem não sabe lidar
E só cabe à mim arcar com todo preço
E sempre soube que com a vida ia apagar
Não é de hoje que sinto esse desprezo
Se não sentir o vento que me fornece o ar
Proponha que aqui ficará e dá as costas
Já sei onde essas história há de acabar
A perfuração que atinge e não há de voltar
Cicatrizará e a marca há de ficar.
(Rodrigo Azevedo)
1 note · View note
crisrf1986 · 5 years
Text
Guardián - Nesa Costas
Guardián – Nesa Costas
Guardián es la primera parte de una bilogía publicada por la editorial Ediciones Kiwi. La autora nos presenta a unos personajes totalmente originales, dentro de un universo distópico.
Tumblr media
Sinopsis:
Ciudades, poblados y aldeas ecológicas cohabitan sin mezclarse. Una inesperada infección pondrá fin a la distancia al amenazar toda vida. Clara es débil e inútil, y su supervivencia se debe a sus…
View On WordPress
0 notes
Text
Ediciones Kiwi, Novedades Septiembre 2017
Ediciones Kiwi, Novedades Septiembre 2017
La broma, Nesa Costas
  Título: La broma
Autor: Nesa Costas
Lanzamiento: 11.09.2017
ISBN: 978-84-16384-79-2
Páginas: 320
Encuadernación: Rústica con solapas
PVP recomendado: 17.90€ (papel) / 4.99€ (ebook) Cómpralo aquí (papel), La broma
Cómpralo aquí (ebook), La broma
SINOPSIS
La sangre ya estaba seca. Salpicaba sus vaqueros y su jersey con un siniestro estampado… La ley de utilidad ciudadana…
View On WordPress
2 notes · View notes
antiaantia · 7 years
Text
Algumha vez
Fum taggeada polo meu amigo virtual @terranosolhos :
Algumha vez:
-Dige-ches: “I love you”?
Moitas, aínda que fai tempo que no no digo 
-Espera-ches toda a noite por umha chamada?
Por unha chamada, por unha mensaxe..
-Sai-ches toda a noite?
e toda a mañá!
-Sai-ches sem permiso? Si, e que ben o pasei, tempos inolvidábeis en Mondariz
-Fuma-ches um cigarro?
Si pero non gosto moito, só de festa 
-Dormi-ches com umha pessoa do mesmo sexo?
Si
-Rouba-ches dinheiro de um amigo?
Non, pero si mo fixeron a min.. nunca máis
-Estive-ches num aviom?
Varias veces e as que me quedan 
-Dormi-ches todo o dia?
Durmo de máis últimamente
-Botar em falta a alguém tanto que machuca?
Tanto que se sente morrer
-Ficar dormido nas aulas?
Non, pero si moi aborrecida..  eu preciso emocións e adrenalina 
-Estive-ches só?
Si, e agora sei aprecia-la soidade e teño “medo” de perdela 
-Fige-ches trampa num jogo?
algunha vez máis non moitas
-Te perdi-ches?
sobre todo cando viñen por primeira vez a Madrid
-Estive-ches num accidente?
Non, só tiven eu un ca miña bicicleta, costa abaixo e sen freos
-Te detiverom?
Non pero case, cousas de cando eres parva e pequena
-Di-ches dineiro a umha pessoa sem casa?
Si, aínda que agora xa non.. antes moito, tiña moita piedade por eles
-Estive-ches tam contento que chora-ches?
Choro máis de pena
-Lamenta-ches ter amado a alguém?
Si pero atopo beleza até nesa dor
-Tive-ches problemas com a lei?
Non, son dereita carallo!
-Tive-ches um admirador secreto?
Pois algun que outro pode ser
-Fixe-ches submarinismo?
Non, pero fareino
-Rompi-ches um osso?
Non
-Che digerom que tinhas sotaque?
Si, hai xente que me di que non teño nada de acento galego e hai outros que os poucos minutos me din: ay eres gallega!!
Grazas Paulo pola nominación
#eu
2 notes · View notes
ouhyesh · 7 years
Text
Comparezo ante o tribunal de escritoras. Benqueridísimas Safo e mais Virxinia adorada Sei Shonagon penetrante Simone non quero esquecerme de ti nin de Margaret nin de Marguerite María Xosé acode puntual á cita e toma asento, entre Luísa -quería volverte ver, perdoa- e Rosalía. Clarice fuma o seu silencio. Fleur dedícase a ser elegante como un puñal enfundado en pel volta. Sor Xoana Inés absorbe o seu tequila e acena: compréndote.
Comprendédesme? Comprendédesme?
Si, comprendémoste.
Tivestes fillos? Levastes unha casa, unha nación unha tradición cultural, un ecosistema unha intuición e unha esteatopixia sobre o peso das vosas costas axitadas de plumas e escotes de anxo?
Algunhas levamos, si. Outras non levamos, non.
Somos irmás, logo?
Somos.
Non me mintades. Admírovos.
Ninguén che acusa entre nós. Para que nos segues convocando?
Acúsome de vivir viviseccionada de non poder escribir o que desexaría e canto desexaría por sobredose de mullerismo. Acúsome de non parir a gran novela que prometía aos 12 anos senón un fillo, algo que, segundo Onetti ou Jelinek impide ás mulleres alcanzar o estatuto de verdadeiras artistas. Acúsome de non pertencer á vosa estirpe de terme separado de vós da esfera redonda da vosa concentración para mesturar mondas de patacas con teorías de redes enerxía escura do cosmos profundo cunha superficial vida de provincias a sofisticada vergoña moral de Guantánamo coa emoción barata de escoitar perorar ao meu fillo. Acúsome de non rapar a miña cabeza de non vender todas as miñas ideas orixinais [entre 0 e 1] ao mellor ofertante. De non destacar. De terme ensumido. De depender dos mass media para traspasar o tempo. Ningunha de vós falaría como nai. Fóra de Rosalía a quen todo se lle permite. Non vivín entre caníbales, Margaret. Non me arrastrei polo vodevil parisiense, Colette. Nin sequera cambiei de sexo, Elisa. Nacín muller e as leis apoiáronme con cotas femininas. As leis, si. Só as leis. E no fondo podería casar contigo, Marcela, Beatriz Preciado, Chantal Maillard. No fondo, puiden abortar cando quixen. E reivindiqueino todo co puño no alto e unha matriz de uranio empobrecido.
Sobrevoo a vida e aquí atópome: escribo só grazas a que a miña nai lle le un conto ao meu fillo lelle un conto ao meu fillo alén do mar de África lelle un conto ao meu fillo baixo a galaxia Andrómeda que nos devorará, polo visto, e xuntos, avoa e neto, forman un sistema lateral nesas redes cuxos nodos son calcio e espiña dorsal da nosa sociedade, lonxe de Google de McDo e varios metros por riba do petróleo de merda que serpea esta cidade camuflado de Zara. Avoa e neto: un binomio estéril na grande ecuación do universo, a súa expansión explícase sen eles a crise resólvese sen eles todo funciona sen eles.
Menos eu.
Dirédesme, que nos importa? Miñaxoiadas! Achega algo á causa feminina.
Que achego? Un fillo varón.
Cambiarías un lugar no noso Parnaso por el? Nunca. Esquecerías escribir por el? Si. Rexeitas o tempo masculino, ese tempo de doncelas e serventas ese tempo de secretarias e amas de cría de lavandeiras e microeconomistas de axentes editoriais e lumis lumis mecanógrafas que copiarían isto de perlas a cambio de estar con el? Rexéitoo. Elixes non vestirche na Boutique Posteridade por verlle xogar onda ti como fai agora burguesa maldita ingobernable occidental ao noroeste do sur compresa de sangue arrebolada á pantalla que vos reflicte?
Malia todo, elíxoo. E o seguinte verso que ía escribir -mamá, dime se está ben de sal, coñezo a súa fórmula química pero non a proporción idónea en cada prato- declínoo por lle servir unha cea quente. E por se fose pouco, un baño.
Condenádeme. Benqueridas bastardas da vosa propia estirpe. Condenádeme a ser unha calquera.
Condenámoste. Imbécil, condenámoste. Xa es unha de nós. Fai funambulismo para escribir catro liñas ao día e vixía que o período non coincida demasiado coa inspiración nin o estado de gravidez coa escritura de tese. Como fixemos todas, bastarda ti da letra e, como fixemos todas co noso pelo torrado polo raio do xenio bastarda e nai e monte de venus como fixemos todas, mullerzuelas escritorzuelas madrezuelas cazuelas e compotas sabendo a canto vai o quilo de azafrán e o terabyte de ideas novas con que ángulo colgan os nosos peitos e a órbita terrestre cantas cocacolas hai na neveira e na Palestina de Arendt cantas nacións. Xa es unha das nosas. Comprendémoste, cala a boca. Escribe, lurpia.
Estíbaliz Espinosa Río
4 notes · View notes
neis-98-blog · 7 years
Text
QUERIDO DIARIO:
   Fai tempo que non te escribo, síntoo; Non me vin con forzas para coller un lapis, unha folla e comezar a contarche o meu día a día como cada noite facía cando era máis nova. Pode que as cousas cambiaran un pouco, que xa non sexa a mesma que toleaba por escribir en ti e reler o que me pasara días anteriores, pode que xa nin sequera me apeteza sorrir coas cousas que te escribo, sinto que levo unha vida un tanto apagada e non atopo un algo ou a ese alguén que a encha de luz. pásome os días e as noites convencéndome a min mesma que sirvo para algo pero non sei para qué, non teño case estudos e como a miña vida laboral está aínda nos seus inicios, non podo pedir un traballo un pouco digno e por se non fora pouco, todos os que atopo pídenme unha experiencia inexistente na miña vida e a cal, como siga así, nunca chegarei a obter...  
Por outro lado, atópome nesa idade na que todas as miñas imperfeccións vólvense complexos que cada vez son mais imposibles de disimular, que si un gran na meixela, unha orella máis grande ca outra, unha estría por aquí, celulites por alá... e por se non fora pouco, os pantalóns que merquei a semana pasada xa me quedan xustos e a piques de rebentar por todos lados; por non falar xa de cando estou neses días nos que te sintes baleira contigo mesma, sen ánimos de nada, ese días nos que as paredes se te botan enriba e afógaste ate coa auga da choiva, que si, que todos temos días así, pero non sei se son cousas miñas que xa son gafe ou algo polo estilo, pero non aguanto moito mais nesta situación, é superior a min, choro polas noites e polo día volvo poñerme todo tipo de maquillaxes que tapen calquera signo de infelicidade que se amose no meu rostro.
Todo isto que te contei anteriormente, non sería nin a metade, pero algo fundamental para esa infelicidade constante que teño é que os meus estudos me superan, paso os anos preguntándome para que sirve a meirande parte das cousas que estudo porque se me paro a pensar en que quero facer do meu futuro, non é que o teña exactamente claro, un día quero ser unha avogada de elite que cobre máis ca o presidente, outros azafata de avión e percorrer a meirande parte do mundo no meu avión ou a saber que máis oficios se me pasan pola mente, non o teño claro e pola contra, o sistema educativo méteme presión por elixir xa un futuro pero... e se non quero estudar e o que realmente quero é gañarme a vida ensinando música ou baile ou calquera outra cousa que non implique estudar unha carreira?
A dicir verdade, ogallá tivera claro dunha vez que é o que realmente quero facer coa miña vida porque así, polo menos deixaría de crearme falsas expectativas do meu futuro, deixaría de poñerme metas que unha vez pensadas en frío son mais absurdas que dicir que vou facer exercicio todos os días.
Non me sinto realizada, penso continuamente que non son máis que unha marioneta posta nun conto dos irmáns Grimm, un conto ao que lle chaman vida e que todos leremos de diferente forma, un conto que lle contaremos aos nosos netos sorrindo, chorando e ate caendo en recordos como aquel noivo de instituto ou esa amiga que dixo que sempre estaría aí, ao teu carón e que nada mais darlle as costas xa te puxo de volta e media... Penso que algún día voltearei a vista e con cara de pena, botarei de menos estes anos nos que as miñas únicas preocupacións eran as relacionadas  comigo mesma.
seguramente si que os botarei de menos pero hoxe, hoxe só quero volver a tombarme na miña cama e imaxinarme centos de historias ate caer rendida nos brazos de morfeo.
1 note · View note
libros-epubs · 4 years
Text
La maldición del verdugo | Nesa Costas
https://megaepubsgratis.com/?p=47715 La maldición del verdugo | Nesa Costas - https://megaepubsgratis.com/?p=47715...
0 notes
aliciafd · 5 years
Video
Se con alguén estou unida dun xeito especial, é contigo, a persoa que me protexe todos os días dende antes de nacer🤰, a persoa que me demostrou que na vida pasamos unha boa parte do tempo aprendendo a caernos, pero tamén a levantarnos; que cada caída na vida vai doendo menos, e hai algunas das que nos costa moito levantarnos, pero a pesar de que nos queden feridas, levantámonos. Ela, a que me ensinou a loitar polas miñas ilusións⭐️, que me apoia en tódalas miñas aventuras🤩, que me tranquiliza coma ninguén e que ten ese sexto sentido que me axuda sempre nos meus conflictos internos✨. Ela, que me ensinou a vivir, e o que é máis importante, a desfrutar da vida, que é curta💫. Ela, que me ensinou a ter os pés na terra, porque sabe que hai ilusións que non se van cumplir e non quere que sufra. Ela, que é un referente constante do que é ter unha OHANA👨‍👩‍👧‍👧! Como coidar á miña OHANA e como axudala en todo e sen importar as circunstancias. Ela, que me deu todo sen pedir nada a cambio. Ela, que me amou💞 incodicionalmente, sen importar as trastadas, ou as loucuras que fixera. Ela, a muller máis sinxela do planeta, a raíña👑que ten o seu reino cando está xunto dos seus, que non precisa de luxos se ten a súa familia comendo nesa mesa que tantos recordos agocha. A muller que con orgullo chamarei por sempre MAMÁ, a que hoxe está de cumple, a que xa conta con medio século. Xa son 50 anos de seitura🌾que foron pasando, como ti dis media vida! Soamente che pido que me sigas ensinando, porque nunca me cansarei de aprender de ti, a persoa que loitou por min sempre!🌹 #amordenai #amordefilla #amorinfinito #medioséculo #parabénsRose #mamicumple50 #raíña (en Xinzo de Limia) https://www.instagram.com/p/Bzgry1ohsCwkYKbwj1iA4jgzueY6wJ9dbh6zFo0/?igshid=17392qswbtj0q
0 notes