Tumgik
tractorgalego · 10 years
Text
O TRACTOR EN GALICIA (1959 - 1986)
Estudante de Terceiro Ciclo de Historia busca fontes orais e documentais sobre o mundo do tractor en Galicia. Por exemplo:
Entrevistas cos patróns ou patroas da casa, os seus fillos ou netos, que teñan contacto directo co mundo do tractor nesas datas, ou coñecementos de hoxendía que poidan ser úteis para arroxar luz nese pasado.
Fotografías familiares en faenas do campo, ou en situacións cotiás, onde o tractor é o protagonista: sementando, empacando, roturando colleitando,desbrozando, no monte para os toxos ou a leña, como transporte sanitario, asistencial ou de axuda na carretera ou montaña, nas romarías relixiosas ca Santa ou Patrón enriba del, en tractoradas, nos Centros de capacitación, nas Obras Públicas, conducindo mulleres e nenos, ou toda a familia, fotos de accidentes, de reparacións, de talleres con tractores...
Coñecemento da rede financeira e comercial dos tractores: principais compradores, para qué usos, qué préstamos, qué desembolso económico, en qué lugares, o mercado da segunda man en Zamora e Castela, o estraperlo marítimo e portugués de pezas importadas, cais eran os "concesionarios" da época, quen os mecánicos e "ferreiros" reconvertidos a torneiros industriais, etc.
Fontes documentais de época: manuais, follas do Ministerio, documentación do vehículo, folletos de propaganda, etc.
Calquera cousa que sexa de interese inda por pequena que pareza: se garda chaveiros, gorras, tractores inda funcionando...
O noso interese é facer unha tese de doutoramento para ese período circunscrito á Comarca de Santiago de Compostela, mais as nosas arelas é facilitar xa o estudo do mesmo para nós, para outros investigadores do futuro e para o público interesado na Historia en xeral, no eido da recolleita documental, xa que ese mundo vai esmorecendo máis axiña de cada vez polos cambios acelerados da crise.
Se chegou ata este punto, agradecerlle toda a colaboración que poida prestar, ate se non coñece vostede nada en singular pero sí a algunha persona maior que poida, repito, arroxar luz e a súa propia visión daquela época, ou de asociacións que pretenden dignficar a vida dentro do agro galego, interesados na maquinaria agrícola clásica como patrimonio material da humanidade, etc.
Moitas grazas.
0 notes